> Actividades > Rutas a cabalo

Rutas a cabalo

Percorremos a través de sendas e camiños forestais os enclaves máis fermosos da zona, tanto as fragas e montes como os núcleos poboacionais, arqueolóxicos e monumentais. Sempre acompañados por un guía profesional que explicará os pormenores da fauna e flora e os datos históricos e antropolóxicos. As rutas e paseos a cabalo faranse sempre baixo reserva previa.

RUTAS DE 1 HORA:

Indicadas para aquelas persoas que entran en contacto co mundo do cabalo ou teñan nocións básicas.

Prezo: 17 €


RUTAS DE 2 HORAS:


Para aqueles aficionados que dominen a arte da equitación.

Prezo: 30 €


RUTAS DE ½ DíA:


Un día especial, unha experiencia hípica para os amantes da natureza.

Prezo: 50 €


BONO DE 5 RUTAS DE 1 HORA: 80€

BONO DE 10 RUTAS DE 1 HORA: 150€