> Localización

Localización

O Ventoso

Centro de turismo ecuestre
Sampaio nº1 Erboedo
15145 A Laracha - A Coruña
Tfno: 637 42 13 98

Ofrecémoslle algunhas indicacións que lle poden servir de axuda. Debe ter en conta que o centro está ubicado no lugar de Sampaio, parroquia de Erboedo situado a 6 km da capital do municipio, Laracha.

Coordenadas GPS:

Latitude: 43.241322 Norte
Lonxitude: 8.510217 Oeste

COMO CHEGAR?
Desde A Laracha:

(aprox. 6 km, tempo: 6 min)
Débese coller a estrada a Soandres, Rúa Doctor López Astray, que parte de diante da Praza do Concello (AC-1913). Despois duns 5.6 km na parroquia de Coiro, pasando o mesón Raio de Sol, atopará un desvío á esquerda onde se indica Erboedo.  O centro ecuestre atópase nesa mesma estrada a 500 m.

Desde A Coruña:
(aprox. 23 km, tempo: 20 min)
Sáese en dirección Carballo tomando a A-55m, autoestrada de peaxe, e a uns 13.5 km collendo a saída de Paiosaco (saída 17).  Continúase cara a Paiosaco, torcendo á esquerda no cruce que hai enfrente da gasoliñeira. Despois de 1.5 km xirar á esquerda dirección a Soandres, e  3.5 km, coller á esquerda dirección igrexario de Erboedo. A 400 m atópase o Centro Ecuestre O Ventoso

Desde Santiago de Compostela:

(aprox. 60 km, tempo: 1 hora)
Para saír da cidade tómase a estrada de Carballo AC-404 que a 14 km pasa a ser a AC-1914, despois da ponte sobre o río Tambre. Séguese pola AC-1914 29 km ata Carballo. En Carballo recorremos a Rúa Gran Vía ata chegar á AC-552 onde collemos dirección Coruña. A 10km chégase á Laracha, onde diante da praza do concello, debemos desviarnos pola Rúa Doctor López Astray (AC-1913) e seguir por ela 6 km. Atoparáse un desvío á esquerda onde se indica Erboedo.  O centro ecuestre atópase nesa mesma estrada a 500 m.