Pensando na diversión e na educación dos seus fillos nesta época de vacacións elaboramos un programa de actividades. Ademais de ser unha excelente ferramenta de conciliación laboral dos pais co tempo libre que teñen os nenos.
Os campamentos durarán 1 semana e serán de luns a venres (excepto festivos) en horario de 9.30h a 16:00h. Con opción de unir dúas ou máis semanas, aplicando un desconto no prezo da estancia. Poñerase a disposición dos participantes unha liña de autobús que os recollerá e entregará en paradas que previamente estarán sinaladas. Durante os desprazamentos estarán a cargo dun coidador.
As idades dos participantes oscilarán dos 6 aos 14 anos.
Esta actividade ten un carácter solidario. Os beneficios obtidos pola realización dos campamentos destinaranse integramente a financiar o noso programa de equitación terapéutica.
Campamento de verán:
O importe dunha semana é de 200€ si se reservan dúas ou máis estancias o prezo por semana queda en 175€ cada unha.
Condicións de reserva: Para formalizar a reserva débese cubrir e enviarnos o formulario de reserva. A data tope de reservas é o 20 de xuño para as tres primeiras estancias. Para as seguintes estancias pódese reservar ata a semana previa ó inicio da estancia.
A empresa resérvase o dereito de suspender a actividade se non se reúne un mínimo de participantes nas datas convidas. En tal caso informarase a todos os solicitantes.