Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Visitas á Granxa Volver

Pensadas para grupos escolares, clubs ou asociacións. Trátase de achegar o mundo do campo aos rapaces. Un excelente complemento á súa educación. Durante a visita os nenos poderán realizar as tarefas propias dunha granxa, coidado dos animais, horta e cultivos, dinámicas ambientais, así como diferentes obradoiros creativos, xogos… As actividades variarán segundo a idade dos rapaces, da climatoloxía e da época do ano. En todo momento os participantes estarán atendidos polos nosos monitores.

Planificación da Visita:

10:30 Chegada
10:45 Presentación e división en grupos
11:00 Actividades da granxa:
 - Animais da granxa
 -  Horta e cultivos
 -  Equitación
11:45 Parada para merenda
12:00 Reanudación das actividades da granxa.
13:30 Parada para comida.
14:30 Tempo libre.
15:00 Obraadoiros e xogos.
16:00 Despedida.

Este horario é orientativo, podéndose modificar segundo as necesidades dos visitantes.

Tarifas:

  • Visita medio día: 7€
  • Visita día completo: 13€
  • Día completo con comida: 19€

Volver
páxina de inicio do Centro de turismo ecuestre O Ventoso

Sampaio nº1 Erboedo- 15145- A Laracha (A Coruña) · Tfno: 637 42 13 98 · info@turismoecuestreoventoso.com

© NHSW