> Actividades > Campamentos de día no verán

Campamentos de día no verán

Pensando na diversión e na educación dos seus fillos nesta época estival de vacacións elaboramos un programa de actividades. Ademais de ser unha excelente ferramenta de conciliación laboral dos pais co tempo libre que durante os meses de Xullo e Agosto teñen os nenos.

Os campamentos durarán 1 semana e serán de luns a venres (excepto festivos) en horario de 9.30h a 16:30h. Con opción de enlazar duas ou máis semanas, aplicando un desconto no prezo da estancia. Poñerase a disposición dos participantes unha liña de autobús que os recollerá e entregará en paradas que previamente estarán sinaladas. Durante os desprazamentos estarán a cargo dun coidador.

As idades dos participantes oscilarán dos 6 aos 14 anos.

Esta actividade ten un caracter solidario. Os benefios obtidos pola realización dos campamentos destinaranse integramente a financiar o noso programa de equitación terapéutica.

Actividades

  • Equitación
  • Sendeirismo
  • Horta
  • Actividades medioambientais
  • Xogos populares
  • Manualidades
  • Artesanía
Os menús diarios facilitaránselle aos pais unha vez realizada a reserva.

Estadías

  • 1ª estadía: 25, 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño. Prezo 160€
  • 2ª estadía: 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo. Prezo 160€
  • 3ª estadía: 9, 10, 11, 12 e 13 de xullo. Prezo 160€
  • 4ª estadía: 16, 17, 18, 19 e 20 de xullo. Prezo 160€
  • 5ª estadía: 23, 24, 26 e 27 de xullo. Prezo 160€
  • 6ª estadía: 30 e 31 de xullo, 1, 2, 3 de agosto. Prezo 160€
  • 7ª estadía: 6, 7, 8, 9 e 10 de agosto. Prezo 160€

Prezos


Condicións de reserva: Para formalizar a reserva débese cubrir e enviarnos o formulario de reserva. A data tope de reservas para é o 15 de Xuño.

A empresa resérvase o dereito de suspender a actividade se non se reúne un mínimo de participantes nas datas convidas. En tal caso informarase a todos os solicitantes.

Formulario reserva campamentos de verán 2018 [DOC]
Formulario de reserva