> Actividades > Campamentos de día no verán 2021

Campamentos de día no verán 2021

Pensando na diversión e na educación dos seus fillos nesta época estival de vacacións elaboramos un programa de actividades. Ademais de ser unha excelente ferramenta de conciliación laboral dos pais co tempo libre que durante os meses de Xullo e Agosto teñen os nenos.

Os campamentos durarán 1 semana e serán de luns a venres (excepto festivos) en horario de 9.30h a 16:30h. Con opción de enlazar duas ou máis semanas, aplicando un desconto no prezo da estancia. Poñerase a disposición dos participantes unha liña de autobús que os recollerá e entregará en paradas que previamente estarán sinaladas. Durante os desprazamentos estarán a cargo dun coidador.

As idades dos participantes oscilarán dos 6 aos 14 anos.

Esta actividade ten un caracter solidario. Os benefios obtidos pola realización dos campamentos destinaranse integramente a financiar o noso programa de equitación terapéutica.

Actividades

  • Equitación
  • Sendeirismo
  • Horta
  • Actividades medioambientais
  • Xogos populares
  • Manualidades
  • Artesanía
Os menús diarios facilitaránselle aos pais unha vez realizada a reserva.

Estadías

  • 1ª estancia: 28, 29, 30 de xuño, 1, 2 de xullo. Importe 190€
  • 2ª estancia: 5, 6, 7, 8, 9 de xullo. Importe 190€
  • 3ª estancia: 12, 13, 14, 15, 16 de xullo. Importe 190€
  • 4ª estancia: 19, 20, 21, 22, 23 de xullo. Importe 190€
  • 5ª estancia: 26, 27, 28, 29, 30 de xullo. Importe 190€
  • 6ª estancia: 2, 3, 4, 5, 6 de agosto. Importe 190€
  • 7ª estancia: 9, 10, 11, 12, 13 de agosto. Importe 190€

Prezos

O importe de unha semana é de 190€ si se reservan duas ou máis estancias o prezo por semana queda en 160€ cada unha.

Condicións de reserva: Para formalizar a reserva débese cubrir e enviarnos o formulario de reserva. A data tope de reservas para é o 26 de Xuño para as tres primeiras estancias. Para as seguintes estancias pódese reservar ata a semana previa ó inicio da estancia.

A empresa resérvase o dereito de suspender a actividade se non se reúne un mínimo de participantes nas datas convidas. En tal caso informarase a todos os solicitantes.

Formulario reserva campamentos de verán 2021 [DOC]
Formulario de reserva